Blogia
SUSANA

CARNAVALES EN OURENSE!!!!

CARNAVALES EN OURENSE!!!!

O carnaval nesta provincia é un dos máis importantes de España, xunto co de Canarias e Cádiz.

En Ourense destacan: "pantallas" de Xinzo de Limia, "peliqueiros" e "cigarróns" de Laza e de Verín, os "felos" de Maceda, as "tamborradas" de Viana, os "charrúas" de Allariz, os "bobos e pallasos" de Beariz...e moitos máis!

Non falta a gastronomía...platos típicos destas fechas: cocido , lacón con grelos, o cabrito e o cordeiro, as famosas orellas de carnaval, as filloas, o roscón,  etc.

 

En Verín o entroido destaca polo xoves de compadres e aínda máis polo seguinte xoves...o de comadres!! Esa é un día espetacular donde acuden persoas de todas as partes do mundo!! Trátase dunha festa na que todas as mulleres se disfrazan e cean e restaurantes para logo despois ir escooitar o pregón!! Un pouco aburrido para o meu gusto! Mais tarde, seguese a festa ata a maña seguinte, onde é frecuente comer os churrros con chocolate!!!  

En Laza destaca o día das formigas!! é semellante o entroido de Verín.

En Xinzo comézase o entroido no "Domingo Fareleiro", cómica batalla na que todo o pobo se embadurna de fariña. "Domingo Oleiro", consiste en facer corros de persoas que lanzan o aire, olas de barro cheas de auga ata que alguén lle cae o chan. Despois celébrase o "Domingo Corredoiro", xornada popular onde as comparsas comezan a invadir as rúa da vila, verdadeira antesala do Entroido.

     

¡¡Si queres disfutar do Carnaval en Galicia, non o dudes, ven a Orense e date unha volta polos pobos citados, increíble, sobre todo en Verín!!

0 comentarios