RSS
RSS corresponde a Rich Site Summary ou Really Simple Syndication, e está deseñado para a distribución de noticias ou información tipo noticias contidas en sitios web.
Os arquivos RSS, chámanse canles RSS e conteñen un resumo do publicado no sitio web de orixe.
Para ler os canles RSS é necesario utilizar un programa chamado agregador. Este tipo de programas tamén se coñecen como lectores de canles ou agregadores de noticias, entre outras variacións.
A aplicación habitual do RSS é a distribución dos contidos ou das noticias dunha páxina web. Isto permite incluír os titulares dunha páxina web noutra páxina web distinta, de modo que é posible e relativamente fácil construír unha páxina web cuxo contido estea formado polos titulares e resumos dos contidos dunha ou máis páxinas web distintas.
Os arquivos RSS non son interpretados polos navegadores web e ó abrilos o que fan é mostrar o código XML que compón o arquivo RSS. Os canles en formato Atom son parcialmente visualizados polos navegadores, pero mostrando un aviso de que o documento corresponde a un feed e non a unha páxina web. Para visualizar directamente un canle RSS é necesario utilizar un programa lector ou agregador de canles.
0 comentarios