Blogia
SUSANA

WIKI

WIKI

Un wiki é un sitio web no cal as páxinas web poden ser editadas por moitas persoas a través do navegador web. Os usuarios poden crear, modificar ou borrar un mesmo texto que comparten. Os textos ou tamen chamadas "páxinas wiki" teñen títulos únicos.

A maior parte das implementacións de wikis indican no URL da páxina o propio título da páxina wiki, facilitando o uso e comprensibilidade do link fose do propio sitio web. Ademais, isto permite formar en moitas ocasións unha coherencia terminolóxica, xerando unha ordenación natural do contido.

A aplicación de maior peso é á que lle debe a súa maior fama ata hoxe en día o momento foi a creación de enciclopedias colaborativas, xénero ó que pertence a Wikipedia. Existen moitas outras aplicacións máis próximas á coordinación de informacións e accións, ou a posta en común de coñecementos ou textos dentro de grupos.

A maior parte dos wikis actuais conservan un historial de cambios que permite recuperar facilmente calquera estado anterior e ver ’quen’ fixo cada cambio, o cal facilita enormemente o mantemento conxunto e o control de usuarios destrutivos. Habitualmente, sen necesidade dunha revisión previa, actualízase o contido que mostra a páxina wiki editada.

0 comentarios