FIZY
Fizy é o buscador turco que sorprendeu a moita xente por poder servir miles de cancions na rede rapidamente.
En tres meses deu a volta ó mundo. É unha marabilla, Fizy, o buscador e reprodutor musical máis rápido e máis completo da historia de Internet xa que nun segundo busca (e atopa) entre "75.000 millóns de arquivos musicais e 25.000 millóns de vídeos", segundo manifestou a Ciberp@ís Orkun Tekin, director xeral da compañía que posúe o 40% do buscador.
Este programa podémolo atopar en 39 idiomas distintos e a sobria estética supera con moito á que puxo de moda Google. Mentres este polo menos escribía as letras en cores, en Fizy todo é branco ou negro.
Fizy foi idealizado por Robert Yaris, un mozo de 28 anos, de pais turcos que en 2007 xa fundou a súa propia empresa OMD, sen antes pasar pola universidade. El e os seus compañeiros son fanáticos da música, por iso decidiu buscar unha forma para atopar cancións facilmente.
0 comentarios