WIKI
Un wiki é un sitio web no cal as páxinas web poden ser editadas por moitas persoas a través do navegador web. Os usuarios poden crear, modificar ou borrar un mesmo texto que comparten. Os textos ou tamen chamadas "páxinas wiki" teñen títulos únicos.
A maior parte das implementacións de wikis indican no URL da páxina o propio título da páxina wiki, facilitando o uso e comprensibilidade do link fose do propio sitio web. Ademais, isto permite formar en moitas ocasións unha coherencia terminolóxica, xerando unha ordenación natural do contido.
A aplicación de maior peso é á que lle debe a súa maior fama ata hoxe en día o momento foi a creación de enciclopedias colaborativas, xénero ó que pertence a Wikipedia. Existen moitas outras aplicacións máis próximas á coordinación de informacións e accións, ou a posta en común de coñecementos ou textos dentro de grupos.
A maior parte dos wikis actuais conservan un historial de cambios que permite recuperar facilmente calquera estado anterior e ver ’quen’ fixo cada cambio, o cal facilita enormemente o mantemento conxunto e o control de usuarios destrutivos. Habitualmente, sen necesidade dunha revisión previa, actualízase o contido que mostra a páxina wiki editada.
CONTRA A PANDEMIA "gripe porcina"
A gripe porcina é unha enfermidade infecciosa, causada por calquera virus. Aínda que a gripe porcina non afecta con regularidade á poboación humana, actualmente existen casos de infeccións en persoas. Xeralmente, estes casos preséntanse en quen traballan con aves de curral e con porcos, especialmente aquelas que están expostas intensamente a este tipo de animais.
O contaxio é fácil pois o período de incubación (dun a tres días) que os anticorpos humanos son incapaces de detectalas ou atacalas nas súas fases iniciais.
Os síntomas da enfermidade son moi parecidos ós da gripe, figurando dor de garganta, calafríos, dores musculares, febre alta, mucosidad nasal, estornudos, fortes dores de cabeza, tose seca, cansazo, e malestar xeral, A maneira de tratamento, hai catro diferentes: amantadina, rimantadina, oseltamivir e zanamivir (estes en EEUU).
En México, morreron varias persoas, non porque sexa mortal, senon porque é un país no que non o poden resolver pola economía. En España, víronse varios casos, pero nada grave porque por estas zonas sí que se poden curar esta enfermidade.
GOOGLE ¿FASME OS DEBERES?
Este artigo, publicado en "El país", trata sobre donde buscan información os rapaces para traballos de clases. Os rapaces de hoxe en día xa non se molestan en buscar en diccionarios nin en bibliotecas, se non que optan por ir a Internet e baixarse un resumo ou o traballo.
Os profesores non apoian isto, pois cando len os traballos danse de conta que non aprenden nada porque hai palabras que non saben o significado delas, e se fora da outra forma si aprenderían algo.
Xa en Francia decidiron pais e profesores protestar xa que non vían outra solución, ó final quitaronno.
Eu penso que por unha parte que está moi ben pois axuda ós alumnos, polo menos para os que están en bachillerato ou na universidade, pero non estou de acordo cos rapaces da ESO pois non teñen tanto traballo, e será peor para o seu futuro.
RSS
RSS corresponde a Rich Site Summary ou Really Simple Syndication, e está deseñado para a distribución de noticias ou información tipo noticias contidas en sitios web.
Os arquivos RSS, chámanse canles RSS e conteñen un resumo do publicado no sitio web de orixe.
Para ler os canles RSS é necesario utilizar un programa chamado agregador. Este tipo de programas tamén se coñecen como lectores de canles ou agregadores de noticias, entre outras variacións.
A aplicación habitual do RSS é a distribución dos contidos ou das noticias dunha páxina web. Isto permite incluír os titulares dunha páxina web noutra páxina web distinta, de modo que é posible e relativamente fácil construír unha páxina web cuxo contido estea formado polos titulares e resumos dos contidos dunha ou máis páxinas web distintas.
Os arquivos RSS non son interpretados polos navegadores web e ó abrilos o que fan é mostrar o código XML que compón o arquivo RSS. Os canles en formato Atom son parcialmente visualizados polos navegadores, pero mostrando un aviso de que o documento corresponde a un feed e non a unha páxina web. Para visualizar directamente un canle RSS é necesario utilizar un programa lector ou agregador de canles.
FIZY
Fizy é o buscador turco que sorprendeu a moita xente por poder servir miles de cancions na rede rapidamente.
En tres meses deu a volta ó mundo. É unha marabilla, Fizy, o buscador e reprodutor musical máis rápido e máis completo da historia de Internet xa que nun segundo busca (e atopa) entre "75.000 millóns de arquivos musicais e 25.000 millóns de vídeos", segundo manifestou a Ciberp@ís Orkun Tekin, director xeral da compañía que posúe o 40% do buscador.
Este programa podémolo atopar en 39 idiomas distintos e a sobria estética supera con moito á que puxo de moda Google. Mentres este polo menos escribía as letras en cores, en Fizy todo é branco ou negro.
Fizy foi idealizado por Robert Yaris, un mozo de 28 anos, de pais turcos que en 2007 xa fundou a súa propia empresa OMD, sen antes pasar pola universidade. El e os seus compañeiros son fanáticos da música, por iso decidiu buscar unha forma para atopar cancións facilmente.
O DNI DOS REIS DE ESPAÑA
Á Infanta Leonor correspondeulle o número 16, e á súa irmá Sofía, o 17. Os seguintes ao que utiliza o seu pai o Príncipe de Asturias, o número 15.
O Documento Nacional de Identidade, que en marzo cumpriu o seu terceiro aniversario na súa versión electrónica, ten xa unha longa historia desde que, tamén un mes de marzo de 1944 e en plena posguerra, o xeneral Franco decidise a creación dun documento que acreditase a identidade dos españois.
Até 1951, tamén o mesmo mes, non se emitiu o primeiro carné, que foi a parar ao peto do Generalísimo, o número 1. A súa esposa, Carmen Polo, levaría o número 2 e a súa filla Carmen Franco o número 3.
Cunha curiosidade, relata Francisco Tesoureiro, secretario xeral da Unidade de Documentación de Españois e Arquivos da Policía Nacional: que a esposa de Franco non solicitou o carné até catorce anos despois, en 1965.
Nese mesmo ano foi expedido para don Juan Carlos e dona Sofía, entón Príncipes de España, a quen se lles asignaron os números 10 e 11. En 1980 foi a quenda das Infantas Elena e Cristina, que teñen os números 12 e 14 respectivamente -o 13 quedou descartado-, e posteriormente o 15 foi para o Príncipe Felipe.
E-MAIL ERRONEO
Se te equivocas no destinatario a quen lle queres enviar algo, pódese cancelar ese envío. Gmail da cinco segundos para arrepentirse e cancelar o envío. Pero non só é este o servicio creado por google, en outubro, o buscador anunciou "Mail Goggles", unha función para Gmail somete o usuario a unha proba matemática antes de enviar o correo.
Esta función, funciona só durante as noites dos viernes e sábados, aíneda que se pode configurar para untilizala para empregala durante toda a semana.
Eu coido que é unha boa idea, xa que mediante este proceso podemos evitar enviarlle a alguén que non desexamos un e-mail.
WI-FI
Las redes wi-fi é un novo sistema para conectarse a internet. Podemos facer sin cables, e ademais, podense conectar mais dun ordenador en 100 metros no esterior e 30 no interior dependendo de paredes e de telefonos ou aparatos que funcionen por ondas porque faría que os ordenadores foran mais lentos. Wi-fi funciona por ondas como as da radio.
Tamen hai wi-fi que se conecta os ordenadores polos portos USB. É conveniente que cando teñas wi-fi na casa e lle poñas contraseña. Para que non podan aceder a el outras personas. Asi solo poderas aceder a el ti.
AS ONDAS PARA ESTUDIAR O OCÉANO
O Wave Glider é un vehículo doble consistente nunha plataforma flotante e un planeador sumerxido unidos por un cable. Os paneis solares do flotador suministran enerxía para os instrumentos, o timón e as colmunicacións por atélite.
Desplazase polo océano grazas a enerxía das ondas. As ondas levantan o flotador e elevan o planeador. O subir o planeador, as aletas son impulsadas hacia abaixo xerando suficiente empuxe
Este planeador pode recolller información oceánica e atmosférica a gran escala e a largo plazo dun modo que non fora posible ata agora.
CASTILLO DE MONTERREY
Este monumental conxunto fortificado, on que se asentaron personaxes de Ulloa, Zúñiga, Viedma, Fonseca, Acevedo e Duques de Alba, foi enclave estratéxico desde a Idade Media na fronteira con Portugal. A “Acrópolis” máis grande de Galicia está formada por tres recintos amurallados sobre unha alargada loma, nas cercanías de Verín (Ourense).
No recinto superior encerrabase a poboación medieval, conservándose o palacio renacentista, a torre do Homenaxe do siglo XV, a Torre das Damas, os restos do hospital de peregrinos e a iglesia gótica de Santa María. Estas construccións debense en gran medida a D. Sancho Sánchez de Ulloa, primeiro Conde de Monterrey en tempo dos Reis Católicos.
Na Idade Moderna construíronse recintos abaluartados que encerraban os conventos de franciscanos e jesuitas, baixo a dirección dos inxeñeiros militares de Felipe IV, Juan de Villarroel e Carlos de Grunemberg. A función militar do conxunto fortificado, complementouse coa importante vida cultural da pequena corte nobiliaria, na que imprimiu o primeiro incunable galego e se impartía docencia en gramática, artes e teoloxía.
¡¡ADOLESCENTES SEN FIN!!
Neste artigo, pódese ver como as rapazas ultimamente son máis acosadas e tamen que acosan.
Eu creo que esto se debe porque agora as mulleres teñen moita máis libertade ca fai uns vinte anos. Antigamente, as mulleres non podían nin saír da casa sen avisar; en cambio hoxe en día, as mulleres teñen total libertade (aínda que non todas).
Pero tamen decir que tanto rapaces coma rapazas acosan e son acosadas, unha solución sería que os propios pais ou titores controlasen un pouco máis ós adolescentes, non que os vixiasen exactamente, senon que falasen con eles do tema e lle explicasen problemas e consecuencias que traen esas accións.
E tamen decir que non soamente son adolescentes os acosadores, hai centos de persoas maiores de idade que ademais cometen violacións, asesinatos...creo que este é outro problema similar, pero máis grave.
Aínda que a pesar de que a policía está facendo moito traballo, non é suficiente, ou polo menos non é eficaz para rematar con este problema que parece que cada vez é mais coñecido.
Sen máis que decir, espero que non chegue máis lonxe isto.
ENERXÍA EÓLICA
Coñécese como enerxía eólica ó aproveitamento polo home da enerxía do vento. Antigamente utilizouse para propulsar naves mariñas e mover muíños de gran. Hoxe emplease sobre todo para xerar enerxía limpa e segura.
Esta enerxía ten vantaxes como:
- Procede indirectamente do sol, que quenta o aire e ocasiona vento.
- É inagotable.
- Renóvase constantemente.
- É limpia e ó mesmo tempo non contamina.
- É autóctona e universal, é dicir, aféctanos a todo o mundo.
- Permite o desenvolvemento sen expoliar a natureza, respetando o medio ambiente.
Aínda que tamen ten un inconveniente:
- Destrúe zonas donde podería haber árbores, plantas...
- Provoca mortes, en aves.
Eu coido que é unha das mellores enerxías porque a pesar de que ten algúns inconvenientes, se o comparamos con outras enerxías é unha das que non contamina.
¿QUE É INTERNET?
Internet non é un servicio electrónico ó estilo usual,pois non pertence a ningunha compañíae móvese mediante estánteres que decide a propia comunidade de usuarios. Naceu como unha comunicación libre e espontánea entre redes de computadores, dunha forma moi simple. Internet chegou a ter máis de 100 millóns de usuarios en máis de 159 países que utilizan Internet de forma habitual. A taxa de crecemento de Internet é do 180%.
Estas cifras ilustran de forma clara o alacance deste fenómeno. Todo o mundo fala da rede de redes. Tódalas compañías importantes comezan a ter a súa propia oferta para competir neste novo mercado.
En resumo, Internet é un conxunto de computadores conectados fisicamente entre si, de forma permnente, mediante un cable. Aínda que tamen se pode conectar cun dispositivo, como un módem.
PIZARRAS DIXITAIS
O día 30 de xaneiro de 2009 saiu an “La Región”, un artigo no que falaba de que a Xunta de Galicia destimou 45 millóns de euros a incorporar as novas tecnoloxías ós centros públicos de ensino obrigatorio. Que actualmente, tódolos colexios galegos dispoñen dunha pizarra dixital.
Tamen que esta innovación será un apoio educativo. A incorporación destas pizarras ós colexios está a transformar o xeito de imprtir clases, de expoñer contidos, de relacionar e vincular información, de atender e memorizar moito mellor.
Isto fai que os nenos dos colexios aprendan tarefas como usar un pendrive, grabar, crear carpetas para gardar os seus traballos e moitas máis cousas, como facer búsquedas por Internet.
As utilidades da pizarra dixital son moitas, destacan: posibilidade de emprego de diferentes idiomas, enlaces de páxinas web interesantes, posibilidade de adaptar o uso de materiais ó traballo que profesor e alumnos van realizar, ferramentas para crear diapositivas, cómics ou contos...
En Galicia hai sobre 1465 pizarras dixitais, 62000 ordenadores e as pizarras dixitais utilízanse a niveis de Infantil, Primaria e Secundaria.
PEDERASTAS NA REDE
“Cibergrooming” , coñécese este nome á táctica que usan os pederastas para poñerse en contacto con adolescentes nos chats, fanse pasar por xóvenes para conseguir fotos de todo tipo e logo poder chantajealos, ou tamén para quedar nalgún lugar.
Estas persoas teñen entre 30 e 40 anos que entran en chats para adolescentes usando nicks con nomes de rapaces e rapazas, e unha idade similar a xente do chat, de modo que é difícil saber si realmente é un menor ou un pevertido.
A súa tática é case sempre a mesma: primeiro tontean (de colegueo), despois pídenlle o messenger e máis tarde comezan a pedir fotos... Alguns confórmanse con esas fotos pero outros non, amenazan con enseñarlle as fotos ós seus pais.
No 2007, gracias á Operación Membrillo, 40 pederastas foron detidos en España...pero sempre haberá algún solto, hai que ter moito coidado.
TICS
Defínese as tecnoloxías da Información e das Comunicación (tics) ó conxunto de servicios, redes, software e dispositivos que teñen como fin a mellora da calidade de vida das opersoas dentro dun entorno, e que se integran a un sistema de información interconectado e complementado.
Esta innovación servirá para romper as barreiras que existen e cambiou moito o modelo de vida dalgunhas persoas.
As vantaxas reconocibles en torno as relacións existentes entre o incremento na producción e difusión de novas tecnoloxías e as posibilidades que as empresas teñen de acceder a coñecelas e utilizalas.
Os beneficios desta revolución non están distribuidos de maneira equitativa; xunto co crecemento da rede Internet apareceu un novo tipo de pobreza que separa os países en desarrollo da información, dividindo os educandos dos analfabetos, os ricos dos pobres, os xóvenes dos vellos, os habitantes urbanos dos rurais, diferenciando en todo momento as mulleres dos varóns.
CARNAVALES EN OURENSE!!!!
O carnaval nesta provincia é un dos máis importantes de España, xunto co de Canarias e Cádiz.
En Ourense destacan: "pantallas" de Xinzo de Limia, "peliqueiros" e "cigarróns" de Laza e de Verín, os "felos" de Maceda, as "tamborradas" de Viana, os "charrúas" de Allariz, os "bobos e pallasos" de Beariz...e moitos máis!
Non falta a gastronomía...platos típicos destas fechas: cocido , lacón con grelos, o cabrito e o cordeiro, as famosas orellas de carnaval, as filloas, o roscón, etc.
En Verín o entroido destaca polo xoves de compadres e aínda máis polo seguinte xoves...o de comadres!! Esa é un día espetacular donde acuden persoas de todas as partes do mundo!! Trátase dunha festa na que todas as mulleres se disfrazan e cean e restaurantes para logo despois ir escooitar o pregón!! Un pouco aburrido para o meu gusto! Mais tarde, seguese a festa ata a maña seguinte, onde é frecuente comer os churrros con chocolate!!!
En Laza destaca o día das formigas!! é semellante o entroido de Verín.
En Xinzo comézase o entroido no "Domingo Fareleiro", cómica batalla na que todo o pobo se embadurna de fariña. "Domingo Oleiro", consiste en facer corros de persoas que lanzan o aire, olas de barro cheas de auga ata que alguén lle cae o chan. Despois celébrase o "Domingo Corredoiro", xornada popular onde as comparsas comezan a invadir as rúa da vila, verdadeira antesala do Entroido.
¡¡Si queres disfutar do Carnaval en Galicia, non o dudes, ven a Orense e date unha volta polos pobos citados, increíble, sobre todo en Verín!!
Bienvenido
Ya tienes weblog.
Para empezar a publicar artículos y administrar tu nueva bitácora:
- busca el enlace Administrar en esta misma página.
- Deberás introducir tu clave para poder acceder.
Una vez dentro podrás:
- editar los artículos y comentarios (menú Artículos);
- publicar un nuevo texto (Escribir nuevo);
- modificar la apariencia y configurar tu bitácora (Opciones);
- volver a esta página y ver el blog tal y como lo verían tus visitantes (Salir al blog).
Puedes eliminar este artículo (en Artículos > eliminar). ¡Que lo disfrutes!